Vixilancia do Patrimonio Natural

O CES defende a natureza do Salnés

O Colectivo Ecoloxista do Salnés é unha asociación co seu ámbito de acción máis próximo na comarca do Salnés, mais non esquencemos as problemáticas ambientais de maior ámbito. Somos un colectivo aberto a toda persoa que teña sensibilidade polo noso entorno.


Para defender a natureza hai que coñecela

Vivimos nunha terra moi xenerosa e un dos seus mellores regalos é o seu medio natural. Este é o noso principal recurso económico e de garantía da calidade de vida. No CES somos conscientes de que é preciso dar a coñecer os nosos valores naturais. Este é o primeiro paso para sensibilizar ás persoas na importancia de defendelos.


Tres piares do noso traballo

Divulgación

Defensa

Denuncia

Educación ambiental para a comunidade local, talleres e o noso podcast sobre a natureza do Salnés.

Protección activa do patrimonio natural, actuando contra agresións ambientais

Seguimento rigoroso e alerta temperá de impactos ambientais, comunicando incidencias á veciñanza.

Buscamos outro modelo de desenvolvemento. Por iso estamos por un consumo responsable, polo comercio xusto,pola agricultura respectuosa co medio, pola distribución dos recursos, por unha sociedade de encontro e diálogo,pola cultura da solidariedade e da paz. Por outro mundo..., porque é posible.

Xurdimos en abril de 1988 como Asociación Ecoloxista do Grove, e en 1991 ampliamos os nosos horizontes como Colectivo Ecoloxista do Salnés. Dende entón e ata o de agora vimos a realizar:

• Denuncias administrativas e ante a opinión pública sobre as actuacións con repercusións negativas no medio.

• Proxectos e propostas para solucionar problemas ambientais ou para mellorar o entorno de lugares degradados.

• Estudios e recollida de datos sobre flora, fauna, o litoral, etc. do Salnés.

• Actividades abertas de coñecemento do medio e sensibilización.

• Campañas e charlas divulgativas, informativas e de opinión sobre cuestións medioambientais de actualidade ou con repercusións no Salnés.

• Publicacións.

• Colaboración na recuperación de aves feridas.

Dende 1988 ata hoxe sen parar

Súmate á defensa do Salnés

A túa participación activa é clave para protexer o noso patrimonio natural. Colabora, denuncia ou fai equipo con nós.